Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

miércoles, 8 de enero de 2014

CUARTA CAMADA DE MAYA E TODD

O dia 12 de decembro tivo Maya seis machitos e duas femias.

en breve poñerei fotos individualizadas.

viernes, 26 de agosto de 2011

OS PEQUES NOS NOVOS FOGARES

Ben , en Portugal







..................................................................................................................................







Bruck, da camada do 2010, en Ponteareas, con Flori

























.............................................................
Tweed y Roy en Tarragona




....................................................................



fotos de Rus pastoreando ovellas , no norte do Bierzo.













..........................................................................................................
australian cattle dog (Blue ) e dous border collies (Sam e Lua )





.....................................................................................................

Wind Kimbo no xardín en Ribeira co Miguel.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------


http://www.youtube.com/watch?v=fF2e_yDAqfA&feature=related
Laura co Roy e Tweed en Tarragona.

miércoles, 27 de julio de 2011

fotos e videos da camada

NINGÚN CADELO DISPONIBLE :

tricolor, BEN, foise para Vila Nova da Gaia. Obediencia, freesbe
1 SAM queda con nos.Vai pastorear ovellas, cabras e cachenas
2 ROY foi para Tarragona, agility
3 NICK, Camariñas, longos paseos o carón de cabalos lusitanos
4 TWEED foi para Tarragona, agility
5 WIND-KIMBO foi para Ribeira, deporte
6 RUS irá para o Alto Sil , en León, pastoreo ovellas
7 QUEEN foi para Cardeiro, Boimorto, pastoreo vacas pintas
8 LUA vai para Lugo , pastoreo vacas cachenas

A medida que os donos me envien fotos, as irei poñendo no blog


xogando co gato Nicolás:


 https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/6DeAgostoDe2011#5637864437557666082


tricolor e 4 ca mamá:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/29DeJulioDe2011#5634850897062570450


saltando a táboa os peques:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/OrdenDeSalto15Tri27864#5634385273179206402


macho tricolor:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/Tricolor27DeJulioDe2011

macho media cara negra:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/MediaCarNegra27DeJulioDe2011


Todd e os peques:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/26DeJulioDe2011


Maya dando o peito
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/Video21Xullo?authkey=Gv1sRgCMDxsIqr5Mmn-gE


Fotos de cada cachorro
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/FotosPeques19Xullo?authkey=Gv1sRgCPH925XNk8i_JA

lunes, 11 de julio de 2011

camada border collie 13 xuño

CAMADA BORDER COLLIE


Rexistrada co nº 571038 na real sociedade canina de España

Nacidos 13 xuño 2011

7 machos e 2 femias

Pai: TODD, RRC 0096999, 953000000702516

Nai: MAYA de GIRROCK , LOE 1811224, 941000002073697

Camada válida para traballo e compañía.

1) Todd e Maya PASTOREAN a diario 36 cachenas, 6 ovellas e 2 cabras

2) Foron iniciados en AGILITY no clube ACADE.

3) Todd quedou con Enrique Gutierrez 3º de Galicia en categoría senior en CANICROSS na liga 2010-11 e na copa2011

4) Son super cariñosos, e moi bos cos nenos

5) E considerada a raza canina mais intelixente.

Os cachorriños se entregarán os dous meses, tras un control veterinario permanente durante ese tempo:

1) Desparasitados as 4 semanas con TELMIN durante 3 dias

2) Vacinados con VANGUARD CPV as 5 semanas

3) Desparasitados con ZYPIRAN as 7 semanas

4) Vacinados con VANGUARD -7 as 8 semanas

5) Microchipados, e dados de alta cos datos do novo dono

6) Inscritos na real sociedade canina de España

7) Pasaporte internacional, cas pegatinas das vacinas e do chip

8) Garantía por escrito de que o cachorro non padecerá enfermedades xenéticas.



Interesados chamar 620295920 (Enrique Gutierrez, en Boimorto, A Coruña )

www.bordercachenas.blogspot.com

guti290971@gmail.com

video 26 xullo:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/26DeJulioDe201102#5633707679413882786




video cortiño , con un mes:

https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/Video21Xullo?authkey=Gv1sRgCMDxsIqr5Mmn-gE#5631905560075107666



mais fotos:

con un mes:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/FotosPeques19Xullo?authkey=Gv1sRgCPH925XNk8i_JA#

pequeniños de todo:
https://picasaweb.google.com/115040685856353756114/1207201102?authkey=Gv1sRgCOrv4oPTlIm9QQ#

martes, 31 de mayo de 2011

SENSACIONS DO CURSO-EXHIBICION DE BOIMORTO

Francamente, penso que traer a Emanuel foi unha gran experiencia, por como é como persoa, e como transmite a sua sabiduria , con moita paciencia e dedicacion.

Empezamos o sábado ocunha sesión teórica na Casa da Cultura que o concello nos cedeu para a ocasión.
Alí aprendimos os comandos e movementos básicos dos cans, cunha presentación e powerpoint complementada con videos.

Acto seguido xa puidemos ir xa o campo a practicar cas ovellas cedidas por un gandeiro local.

Nun curro redondo pequeno, comenzamos con ovellas dentro co pastor, e can fora, practicando o punto de balance.
Tras a sesion teorica da tarde, no prado xa aumentamos o perimetro do curro, e se traballou con todo dentro, can ovellas e pastor, para que vaia o can collendo confianza e non teña medo de rodealas , facendo sitio entre elas e as vallas.

A tardiña do sábado xa practicamos a campo aberto, ca axuda da cadela de Emanuel, Nan.


O domingo practicamos o curro grande, campo aberto, e a última hora nos deleitou Emanuel cunha exhibición onde mediante asubíos enviou a súa cadela a recoller o rebaño , traelo, levalo, facelo pasar por unhas portas, e gardalas no corral.
Todo a distancia.

Os cans alumnos foron dous cans de palleiro, un pastor belga, un pastor alemán, e dez border collies.
Hai que agradecer a colaboración do Concello de Boimorto e a SAT A Sobreira s.c. para que esta idea fose posible.
Igualmente os anunciantes que colaboraron con ACADE.

jueves, 14 de abril de 2011

I CURSO INICIACION ADESTRAMENTO CANS PASTORES CONCELLO DE BOIMORTO




Temos previsto, ca axuda de A.C.A.D.E. e do concello de Boimorto , organizar un cursillo de pastoreo, con participantes que traigan o seu can (inscripcion e pago de cota), pero tamén que sexa aberto o público, que se queira achegar a Boimorto , no derradeiro fin de semana de maio (28 e 29).

O concello pon un solar no medio do pobo para a ocasión, rodeado con vallas, e con zona de sombra e auga fresca en todo momento.

As ovellas se intentará que non se estresen moito, e cos descansos pertinentes,baixo control veterinario.


Imos contar para a ocasion da sabiduría de Emanuel Freitas, presidente da asociacion portuguesa de cans pastores, campeón no seu país en varias ocasions, e representante portugués nos trials internacionais de cans pastores do Reino Unido.


E un curso dirixido a :

-gandeiros de vacún, ovino e caprino

-propietarios de cans pastores que queiran despertar ou potenciar o instinto do seu can


O número de inscritos vai ser limitado,para maior aproveitamento e seguimento do curso, intentando que o mestre vexa cada can traballando , nos diga os posibles erros, e nos axude a correxilos.

Vai contar Emanuel cos seus cans adestrados que van servir de moita axuda cando se nos escapen as ovellas a nos.

O sábado comenzaremos as 9 con un pouquiño de teoría, e logo practicaremos ata a noite, parando para xantar.
O domingo, dende as 9 ata o medio dia



A incripcion custa 50 € , e se fará na web de ACADE

www.asociacionacade.com




sábado, 13 de noviembre de 2010

fotos cachenas novembro 2010

CACHENAS EN VENTA
Teño que vender algunha becerriña cachena, de menos de un ano de vida, por mor de axustarme os pastos existentes.

http://picasaweb.google.com/115040685856353756114/CachenasNovembro2010#

martes, 2 de noviembre de 2010

CRIATURAS, na tvg

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=02/11/2010%2021:57:35&fecha=31/10/2010&arquivo=1&programa=CRIATURAS&id_programa=186&corte=&mp4=0&medio=

viernes, 3 de septiembre de 2010

Boimorto: 19 setembro,canicross, pedestre e pastoreo


O dia 9 de setembro imos probar o percorrido da carreira.
O dia 19 as 9:30, comenza a proba, de unha volta de 3,1 kmts, moi rápida.
Os que teñan folgos,ainda poden dar duas voltiñas mais, esta vez sen can, na carreira popular.
Pola tarde, despois de comer, o que queira pastorear, que sepa que temos a finca cas ovellas a tres kmts da carreira, e que estaría ben comprobar o instinto primitivo dos cans pastores.

viernes, 20 de agosto de 2010

voltei de Valencia


Recomendo a todos os amantes do pastoreo que fagan por ir a Torrent algún ano, pois unha semana e o tempo mínimo para aprender o imprescindible.
Case todos os alumnos iban por aficion, pois non teñen ganado na casa, e dicir , ainda que non sexan profesionais, gostalles ver o instinto do seu can.
Foi impresionante ver algún can, que o primeiro dia non miraba para as ovellas, o segundo xa as pastoreaba.
Sempre atentos Miguel e Etienne, para nos correxir, faciamos actuacions de cinco minutos por can, unha ou duas veces pola mañá, e o mesmo pola tarde.
Contabamos con vinte ovellas, recen mercadas, que nunca viran un can diante.
Tres cans do francés, cada un aprendido nun idioma diferente, mantiñan dez ovellas no medio dunha enxoita e polvorenta leira rodeada de laranxos, cunha calor infernal.
Senon estiveran eses cans, as ovellas van para os curunchos, e son moi malas de quitar.
Persoalmente, penso que Etienne ten moita paciencia, pois me decía sempre que non repetira as ordes tan seguido, pois os cans on estaban a facer ben, e eu así os aceleraba de mais.
Según o tono de voz, o can traballa dunha maneira ou de outra.
Con voz grave, traballa lonxe, e ca aguda, mais preto das ovellas.
Todd, tras un can francés, era o mellor de todos os alumnos, e nos tocaba sempre iniciar a xornada , cas ovellas mais frescas é rápidas.
Maya non rodea de todo, senon que fai semicírculos por adiante , traéndome as ovellas, e agora practicamos para que me rodee por atrás, nunca entre eu é as ovellas, que é o denominado "triángulo prohibido".
Desta maneira aprende a empuxar, non so a traer.
Nunca se lle di "non" o can senón a orden que creas oportuna, coma por exemplo decirlle "fora" cando ves que vai trabar as ovellas.
Non deixa Etienne que ninguén acariñe os seus cans, pois eso os vicia.
Somentes él os toca, cando quere premialos.

O curso e así:
-madrugar , para almorzar as 8:00
-empezar a adestrar, por turnos, de 8:30 ata as 11:30
-aperitivo e tempo libre
-as 15:00, xantar
-as 5:30, teoría, nunha pizarra, con repaso do visto os dias anteriores.
-as 6:00, adestrar, ata a noite, que ven sendo as 9:15
-as 10:30, cear
hai unha piscina pequena, ideal para refrescarse no tempo libre.
O compañerismo entre os alumnos, moi bo, respetando os turnos de cada can, e comentando as actuacions.
Os anfitrions, Miguel e Mª Jesús, moi hospitalarios, e a comida fantástica e moi ben presentada.
Etienne e Natasha, encantadores.

O ano que ven penso voltar, asi, que se alguén se anima, iriamos xuntos.

sábado, 24 de julio de 2010

Bruck







Flori e Oscar xa disfrutan de Bruck, que é o mais grande da camada (6,8 kgs con dous meses).




Moita sorte para os tres.

jueves, 15 de julio de 2010

Megg



















Megg acaba de chegar a Mallorca, e vai ser veciña de Rafa Nadal.






¡ Moita sorte para os novos donos !

lunes, 12 de julio de 2010

Tweed






http://picasaweb.google.com/115040685856353756114/Tweed#

A ver se se anima a enviarnos mais fotos según vai medrando Tweed.


Un video de como se empeza a adestrar a Tweed.


jueves, 3 de junio de 2010

Próximo cursillo de pastoreo en Valencia

http://www.elhechizo.com/


Cursillo de Pastoreo con Etienne Serclerat

Torrent, Valencia

del 4 al 11 de agosto 2010


El objetivo del cursillo es estimular, desarrollar y aprovechar las aptitudes naturales como perros de pastor, tanto para ejemplares que aun no han tenido contacto con el ganado, como para aquellos que conociendo ya el rebaño quieran perfeccionar técnicas.
En él los guías conocerán un método de educación para perros de pastor, internacionalmente reconocido y que ofrece excelentes resultados, con el que aprender como educar a sus perros pastores.
El cursillo es eminentemente práctico, en el campo y con ovejas, como en anteriores ocasiones, será impartido por Etienne Serclerat:
Pastor profesional.
Campeón de Francia de perros pastores de ovinos en 2007
Vencedor de la Copa de Francia de perros pastores de ovinos en 2007.
Vice-Campeón de Francia de perros pastores de ovinos en 1999.
Vencedor de la Copa de Francia de perros pastores de ovinos en 1999.
Vencedor del “Mouton d’or ” en 1989.
Vencedor del Chalenge Fourneret en 1991 y 1993.
9 veces finalista en los Campeonatos de Francia de perros pastores.
Autor del libro “Education du Chien de troupeau” (educación del perro de rebaño)
Criador de Border Collie y Berger de Pyrinees.
Monitor de la Sociedad Canina Francesa.
Juez del Campeonato de Francia Inter Razas de perros pastores 2009 y 2010
Educador de perros pastores así como para cine y publicidad.
Etienne Serclerat, además de participar en concursos, realiza habitualmente exhibiciones con sus perros de pastor.
Con estos cursos pretendemos acercar a los aficionados la posibilidad de hacer con su perro algo nuevo y que normalmente no está a su alcance: descubrir y desarrollar el instinto pastor de su compañero.
En fin, un balón de oxígeno para las vacaciones, con la intención de pasarlo bien, aprender algo nuevo y como afortunadamente en casa tienen pasión por la cocina tanto mi esposa Mª Jesús, como nuestra hija Raquel... lo que sí os garantizo es que comeremos bien. (Podéis preguntar a quienes ya han probado)
Al ser verano, trabajamos a primeras horas de la mañana y últimas de la tarde por el calor. El resto del día intentamos que sean unas mini vacaciones para los asistentes, podemos ir a la playa, a conocer Valencia y alrededores o simplemente descansar en la piscina.
También tenemos pista de agility, por si a alguno quiere entrenar un rato.
Si no sois excesivamente exigentes tenemos un pequeño albergue con literas para dormir, o si os gusta, también podéis acampar aquí, con tienda o caravana. Tenéis a vuestra disposición duchas y aseos, así como la piscina en verano.
Se puede asistir desde 1 solo día, varios o al cursillo completo. Por ser las plazas limitadas, damos preferencia a quienes participan en el curso completo.
Si alguien no tiene perro, o bien el suyo no demuestra interés por el rebaño, podemos dejarle intentarlo con alguno de nuestros Border Collie, para que no se quede solo con la parte teórica.
Las plazas son limitadas, si queréis asistir poneros en contacto con nosotros lo antes posible.

http://www.terra.es/personal/hechizo/cursillo_pastoreo.htm


lunes, 31 de mayo de 2010

O dia despois do curso de pastoreo


Pasamos unha boa xornada pastoreando ovellas en Boimorto.
Non me puxen moi nervoso por estar os da tele, e me gustou ver que moitos cans teñen o seu instinto gardado pero presente, como Yako e Dalí, que se atreveron incluso cas bravas cachenas.
Pepa e Sella se mostraron desafiantes e nada temerosas ante as ovellas.
Sira, para o noviña que é , promete moito.
Berta non está adestrada para pastorear, pero con tempo, xa se vería.
O mesmo digo de Lisa, a cadeliña mestiza da miña irmá Alicia.
Klaus é un bonachón, que pasaba das ovellas, pero que me encantou que viñera.
Tweed, fillo de Todd e Maya da anterior camada, demostrou que traballa a diario con cabras, pois a campo aberto moveu o rebaño moi ben, e incluso colaborou co Todd no San Fermin das cachenas.
por xentileza de Jose Luis Rio, temos estas fotos:
Mauxi fixo estas outras:
So teño verbas de agradecemento para Marta polo seu apoio loxístico, indo a buscar a xente que non daba co sitio, e facendo de anfitriona mentres eu estaba liado.
Gracias os compañeiros de Criaturas, por axudar a promocionar o pastoreo en Galicia, e xa estamos deseando que emitan a reportaxe en Setembro.
A data do próximo cursillo está no aire, pois prefiro ir primeiro a Valencia para coller mais soltura, e logo transmitir aqui os coñecementos.

jueves, 20 de mayo de 2010

Mais informacion do curso de pastoreo


Gustaríame saber canto antes cantos seremos, asi que irei actualizando a lista.


Hai sombra para deixar o coche en dous camiños de terra xusto o pasar a casiña, un a esquerda e outro a dereita .

Se se aparca ben arrimado o coche, por se pasa algún tractor, pode quedar ahí todo o dia.


No xardin da casiña hai sombra para sentarnos na herba ou para tomar o sol, segun se queira.


Temos auga para os cans, e para a xente tamén , cunha nevera na casa na que haberá refrescos.


Traer botas, visera, correa , can , e pouco mais, que as ovellas xa están aquí.



Actualizando lista:

1 Yako con Jose Luis, campions galegos canicross 2010 , master 40

2 Dalí con Marcos, subcampions galegos canicross 2010 senior

3 Klaus con Pablo, especialista en dogcross

4 Garry con Roberto ,campion galego canicross 2009 senior

5 Berta con Roberto,campion galego canicross 2010 senior

6 Pepa con Nuria

7 Sira con Silvia

8 Tweed , fillo de Todd e Maya, traballará con cabras en Narón, con Luis

9 Speed , idem, con vacas en O Pino con Manuel

10 Queen, idem, con 300 ovellas en Viana do Bolo con Manuel

11 Rocky , un pastor alemán , traballando con 20 frisonas en Vilasantar con Pepe

12 Sella con Paula y J.Angel

martes, 18 de mayo de 2010

Maya e Todd , papás outra vez





Temos unha moi boa nova , Todd e Maya xa son papás de novo, dende o 15 de maio.
Hai catro femias e tres machos, todos con excelente saúde.
Mais fotos en :























































































miércoles, 5 de mayo de 2010

PROXIMO CURSO DE INICIACIÓN O PASTOREO


Agora que remata a liga de canicross, podemos poñer fecha o de pastoreo:

Vai haber duas fechas, por se alguén quere repetir:

-sábado 29 de Maio as 10:00

-a proxima data está por poñer

localización:


Habería que estar en Arosa nº 1, Arceo Boimorto as 10:00, con botas, o can, correa para o can, e pouco mais.

En frente da casa do concello de Boimorto hai unha carretera que pon LANZÁ.
Se toma dita ruta , e a 3 km hai un cruce a dereita que pon CASILLA PRÉSARAS, SANTARANDEL , AROSA.Collendo esa carretera , a 1 km,todo cara arriba, sempre pola principal, se chega a miña granxa, que é a última casa de Arosa.
Se chegades a ver o letreiro de que estades en Santarandel é que vos pasastes un pelín e hai que dar volta.
OBXETIVO:
-Que cans de raza pastora nos amosen o seu instinto mais primitivo, e ver se teñen aptitude para controlar un rebaño de ovellas.


TEORIA:.
-Charla explicativa do que imos facer


PRÁCTICA :
Hai tres niveis de aprendizaxe:
a) Cas ovellas en recinto de 50 mts, facer que cada can , por orden , as rodee por fora, obedecendo os lados e as pausas.
b) O can dentro cas ovellas
c) O can no prado cas ovellas, sen recinto

Pausa para comer, de 14:00 a 16:00, en Boimorto, restaurante Vilanova (por conta de cada un)

De 16:00, ata a noite,seguir practicando

A ver canta xente se apunta.



--

martes, 27 de abril de 2010

trial de pastoreo en Freixo do Meio


Estupendo segundo posto na categoría de menos experiencia de Todd con Enrique en Portugal, non escapando ningunha ovella.
Daban de tempo 8 minutos, e ainda nos obraron case 2 min.
O percorrido constaba de varias probas:
-Enviar o can a polas ovellas rodeándoas, e traelas cara unha estaca
-Rodear a estaca cara a esquerda e dirixirse a un corral
-Rodear o corral e ir cara unha porta
-Atravesar a porta e ir cara unha arbore
-Rodear a arbore , e xirar cara outra porta
-Cruzar a porta e dirixirse a estaca
-Na estaca, atrapar unha ovella e collela por unha pata.
Había uns 10 portugueses, un belga, dous franceses e mais eu, nas duas categorias.
Os cans eran nun 90% borders de pelo curto, un kelpie, un serra da Aira , e algún cruzado.
video:

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente